Un incendio dun piso en Neda obriga a desaloxar o edificio

Unha persoa precisou atención sanitaria pero non tivo que ser evacuada ao hospital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2021 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Un incendio declarado nun piso de Neda obrigou a proceder ao desaloxo das persoas que se atopaban no edificio da vivenda. O incidente, do que informou o CIAE 112 Galicia, saldouse cunha persoa afectada polo fume que precisou de atención sanitaria pero que non tivo que ser evacuada a un hospital.

O lume iniciouse ao redor das 16,30 horas da tarde deste venres nun edificio situado no lugar de O Coto.

As chamas foron sufocadas polos servizos de emerxencia. O lume afectou á cociña da vivenda e motivou que, como medida de prevención, os ocupantes do inmoble fosen desaloxados momentaneamente.

Bombeiros
Bombeiros | Fonte: Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta