Os contaxios en residencias de maiores baixan a 111 tras o negativo dun caso en Matogrande

O número de total de usuarios contaxiados en centros de discapacidade mantense en 51, sen cambios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2021 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

As infeccións activas de covid-19 en residencias de maiores baixaron a 111 tras negativizarse o único caso que permanecía activo no centro Domusvi de Matogrande, na Coruña.

Tal e como informou o Sergas, o total de casos activos en residencias complétase con 72 infeccións no centro das Gándaras (Lugo), 20 na residencia García Irmáns de Betanzos, catro na de Santa Marta de Vigo e 11 na RM e Apt. San Vitorio de Baralla.

Ademais, aínda queda un caso activo na residencia Santo Estebo de Perlío (Fene), outro na de Ribadeo, un máis na residencia de Val de Monterrei e outro na Someray de Pontevedra.

CENTROS DE DISCAPACIDADE

Con respecto aos centros de discapacidade, o número de total de usuarios contaxiados mantense en 51, con 48 usuarios contaxiados no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Chapela-Redondela, e outro tres usuarios no Fogar e Clínica San Rafael de Vigo.

Dúas traballadoras do centro conversan no exterior da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press
Dúas traballadoras do centro conversan no exterior da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta