Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 14:10
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reclamou ao Ministerio do Interior que complete o persoal de orixe da Policía Autonómica, que era de 500 efectivos, fronte aos 370 da actualidade. Fíxoo na súa visita xunto á conselleira do Mar, Rosa Quintana, á dársena de Oza do Porto da Coruña no que embarcaron na patrulleira lixeira 'Punta Seixo Branco' do Servizo de Gardacostas.
Rueda aproveitou a súa intervención para pór en valor o labor que fan o Servizo de Gardacostas xunto a unha unidade de 16 efectivos da Policía Autonómica na loita contra o furtivismo. "Fixeron moitas actuacións estes anos, algunhas cun grave risco para os efectivos que tiveron que intervir, detencións, intervencións, postas a disposición xudicial". "E con esa tarefa imos seguir", afirmou o vicepresidente primeiro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.