Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2021 | Actualizada ás 19:49
A Consellería de Sanidade notificou este sábado tres falecementos por covid, dúas mulleres e un home, que elevan o número de mortes por mor desta enfermidade en Galicia desde o inicio da pandemia a 2.582.
Tal e como informou o departamento da Xunta, todos presentaban patoloxías previas e permanecían ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Concretamente, os falecementos producíronse o 3 de setembro e corresponden a unha muller de 76 anos, outra de 93 anos e un home de 83 anos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.