Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2021 | Actualizada ás 12:55
As escolas infantís dependentes da Xunta comezaron o curso cun 3% máis de matriculados, segundo expuxo a conselleira de Política Social, Fabiola García, na súa visita ao centro de Santa María de Oza, na cidade herculina.
Nela, a conselleira recalcou que as escolas infantís públicas son "seguras" e que xa o foron o curso pasado pese ao contexto de pandemia. Así, remitiuse ao "estrito protocolo" que se aplicou e que se seguriá implantando, segundo expuxo.
Neste curso, explicou que será adaptado á "nova realidade" pola posibilidade de deixar os carriños no interior do recinto ou que os alumnos utilicen o mesmo calzado que traen de casa, pero mantendo outra como a ventilación dos espazos ou o lavado das mans.
A conselleira sinalou que nas escolas infantís públicas da Xunta son 7.800 nenos e nenas en toda Galicia as que comezan nesta xornada nelas, un 3% máis en relación ao curso pasado. No entanto, lembrou que aínda se pode seguir matriculando a menores nestas escolas. Tamén remarcou que "por terceiro ano consecutivo" aplícase a gratuidade nos segundos fillos.
Noutra orde de cousas, e preguntada polas demandas dos traballadores en materia laboral, apelou á "liña de diálogo" aberta cos profesionais do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar e aludiu, respecto diso, á desconvocatoria da folga convocada desde este luns por parte da CNT.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.