Seis feridos nun accidente múltiple rexistrado na Baña

Outros dous accidentes, en Abegondo e Melide, saldáronse con catro persoas feridas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2021 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Un total de seis persoas resultaron feridas este mediodía despois de producirse un accidente entre tres turismos ao seu paso pola localidade coruñesa da Baña. Os coches circulaban pola AC-444, á altura de Paredes. Un particular alertou do sinistro sobre as 15,15 horas e advertiu ao 112 de que había tres vehículos implicados, provocando dificultades de tráfico.

A central de Emerxencias remitiu o aviso ao 061, Bombeiros do Xallas e Garda Civil de Tráfico. Os Bombeiros de Santa Comba e o persoal do servizo de mantemento da estrada tamén se desprazaron ata o punto co fin de realizar as tarefas de limpeza da vía.

Doutra banda, unha muller resultou ferida en Abegondo despois de precipitarse co seu vehículo por un pequeno terraplén, na AC-542, á altura do punto quilométrico 9. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 15,45 horas, tras a chamada dun particular que indicaba que outros dous condutores pararan no mesmo lugar para auxiliar á muller do coche accidentado.

Por outra banda, sobre as 18,30 desta tarde, rexistrouse outro accidente no concello coruñés de Melide. En concreto, unha saída de vía dun coche que circulaba pola Travesía do Martagona, xustamente na saída do pobo cara a Toques. O condutor tivo que ser evacuado polo persoal sanitario e outras dúas persoas que tamén viaxaban no vehículo resultaron feridas, aínda que non parecían revestir gravidade.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112 | Fonte: EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta