Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 12:25
A Consellería de Sanidade notificou tres positivos na residencia do Bolo e outros tantos negativos no centro de San Vitorio, co que quedan 50 infeccións activas nas residencias de maiores de Galicia.
Así, ademais do tres casos do Bolo, hai tres contaxios na residencia de García Irmáns, en Betanzos; dez aínda na residencia e apartamento San Vitorio, en Baralla; 33 no centro DomusVi de Monforte de Lemos e un caso nas Gándaras, en Lugo.
No que respecta aos casos activos en centros de discapacidade, seis negativizados no CAPD de Redondela deixan un único caso activo, tamén neste centro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.