Por E.P. | OURENSE | 18/09/2021 | Actualizada ás 20:16
A Deputación de Ourense comprometeu o seu apoio ao proxecto 'rurALLURE', unha iniciativa destinada á promoción do patrimonio rural situado nas inmediacións das rutas de peregrinación europeas.
O proxecto busca incrementar a visibilidade en lugares de interese cultural e dar a coñecer o legado etnogrático, termal, natural e literario dos camiños de Santiago.
O presidente da entidade provincial, Manuel Baltar, incidiu na importancia deste traballo de valoración, pois ofrece "unha nova perspectiva" ao ter presentes "a relevantes personaxes do mundo das letras", como é o caso da Vía da Prata promovendo unha visita ao Pazo de Otero Pedrayo.
É por iso que considera que a iniciativa "terá incidencia directa nas vías que apostas polo turismo cultural. Ademais contará coa participación de seis países europeos e membros da comunidade universitaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.