Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/10/2021 | Actualizada ás 15:30
A Consellería do Medio Rural detectou a existencia de dous novos gromos de covid-19 en senllas granxas de visóns situadas no concello coruñés de Abegondo.
Trátase do decimoterceiro gromo detectado nalgunha das 25 granxas de visón que hai en Galicia, que concentra o maior volume de negocio do sector no Estado e tres de cada catro explotacións do total.
Os novos focos de SARS-CoV-2 afectan dúas explotacións do mesmo concello, Abegondo. A primeira, onde se identificou un caso positivo, conta con 10.742 exemplares, 1.996 deles reprodutoras, 12 machos e os 8.734 restantes, crías. A segunda das explotacións afectadas dispón de 1.970 visóns, dos cales 478 son reprodutoras, 100 son machos e 1.392 son crías. Alí foron detectadas seis mostras positivas.
Así as cousas, máis da metade das 25 granxas que existen en Galicia --con 71.479 reprodutoras-- xa contaron con gromos de coronavirus. Supón a maior parte do volume de negocio do sector no Estado, tendo en conta que tres cuartas partes do total de explotacións sitúanse en territorio galego.
O primeiro foco en Galicia detectouse en xaneiro deste ano nunha granxa da Baña, onde foron sacrificados os seus 3.100 visóns. O segundo localizado foi en febreiro en Santiago.
Desde xuño disparáronse os casos en granxas de visóns en Galicia, con oitos brotes en pouco máis dun mes.
A Consellería de Medio Rural explica que, con base no programa de prevención do Goberno central, procédese á inmovilización destas dúas explotacións, con control por parte dos veterinarios de Medio Rural para avaliar as actuacións a levar a cabo.
Precisamente, entidades ecoloxistas reclamaron no último ano o peche das granxas de visións galegas polo seu perigo ante a incidencia de brotes de coronavirus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.