Temas: CANDORCA MAR

Dous incidentes con candorcas en augas galegas en pouco máis de 24 horas

Un veleiro francés foi sufriu hoxe unha rotura no temón tras unha arremetida a 1,5 millas ao oeste da illa de Sálvora. O anterior ocorreu preto da Guarda.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/10/2021 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

Unha embarcación de Salvamento Marítimo remolcou este venres ata a localidade de Ribeira un veleiro francés por rotura no temón tras a acometida dunha candorca.

Candorca moi preto dun veleiro da Armada en Corrubedo, na ría de Muros-Noia
Candorca moi preto dun veleiro da Armada en Corrubedo, na ría de Muros-Noia | Fonte: Remitida.

Segundo os datos facilitados por Salvamento Marítimo, ás 11,45 horas deste venres recibiu o aviso do veleiro 'Lle Sterne', de bandeira francesa con tres tripulantes, que contactou coa Costeira para solicitar asistencia por rotura no temón debido a acometida dunha candorca a 1,5 millas ao oeste da illa de Sálvora.

Por iso, foi mobilizada o 'Salvamar Sargadelos', que remolcou ao club náutico de Ribeira ao veleiro francés, onde chegou ás 14,23 horas deste venres, confirmaron as mesmas fontes.

Este é o segundo incidente en pouco máis de 24 horas despois de que o veleiro británico 'Extra Mile', con dous tripulantes a bordo, sufrise este xoves a acometida de candorcas a unhas cinco millas ao noroeste da Guarda.

Segundo informou Salvamento Marítimo, a embarcación británica sufriu a rotura do temón, polo que solicitou asistencia para ser remolcado ata a costa.

Temas: CANDORCA MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta