Os empregados non poden comezar a traballar ao non funcionar a plataforma da Seguridade Social

Os xestores avisan de que non poderán traballar coa plataforma da S.S. por mantemento ata o día 5 de outubro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2021 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Xestores galegos alertan de que desde este venres, 1 de outubro, ata o vindeiro martes, 5 de outubro, non poderán realizar trámites coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, posto que, segundo anuncia a propia administración nun correo enviado ao colectivo, a plataforma telemática permanecerá pechada "debido a tarefas de mantemento e actualización de aplicacións".

O Colexio oficial de Xestores Administrativos de Galicia, que agrupa aos máis de 600 profesionais que exercen na comunidade, sinalan que a través do Sistema Rede non poderán realizar altas nin baixas de traballadores, modificacións da xornada laboral, certificados de vida laboral nin liquidacións, un problema que o colectivo pode sortear utilizando a canle Siltra.

"O máis grave é que a través desta pasarela non se poderán obter as resolucións das altas e baixas nin as liquidacións de cotización e terán que esperar ata o día 5 para descargalas do sistema", sostén.

O Colexio aclara que as resolucións de altas ou a vida laboral son documentos fundamentais para que os traballadores poidan acceder ao seu posto traballo. No sector da construción, por exemplo, non se pode entrar en obra sen ese xustificante.

"No caso dos traballadores que acabaron un contrato ou despedidos, tampouco poderán pedir a baixa ao non estar tramitada aínda e terán que esperar ata o martes 5 de outubro", informa. "Este bloqueo supón un grave prexuízo para o noso traballo, pero sobre todo para as empresas, sobre todo as do sector da construción". "Hoxe tiña que dar de alta a varios operarios nunha obra e non puiden e tampouco poderei dar de baixa o luns aos que xa non estean a traballar", sinala un despacho colexiado da Coruña.

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá. EUROPA PRESS
O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luís Escrivá. EUROPA PRESS | Fonte: J. Hellín. POOL - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Vivimos en Estado de Indefensión Permanente Non é cousa de 5 días senon de meses de tramitación de ERTEs, pero o máis preocupante son a cantidade de páxinas que se volven inaccesibles a vellos S.O. ou que rechazan certos Navegadores. Ultimamente son multitude as webs que denegan o acceso por calquera trapallada informática. Se non reivindicamos unha Oficiña Aberta e Accesible o resultado será como as oficiñas bancarias que pechan e desaparecen do mundo real. Así quedarán centos de miles de persoas tiradas na cuneta tecnolóxica ! A esto lle chamamos dixitalización ? Estamos a vivir un proceso contínuo de INDEFENSIÓN TOTAL !