Manuel Rivas e Uxía Senlle no Poemagosto de Allariz

Os días 2 e 3 de outubro terá lugar a VIII edición e o programa desenvolverase no interior do recinto do Festival Internacional de Xardíns sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.

Por X.M. Fernández | Allariz | 02/10/2021 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Allariz prepárase para unha fin de semana na que a poesía será protagonista coa celebración da oitava edición deste encontro internacional no que se citan autores de Galiza, Portugal, a India e o Sáhara Occidental.

Manuel Rivas
Manuel Rivas

Este ano o Poemagosto conta coa presenza, por exemplo, de Manuel Rivas no apartado poético e con Uxía Senlle no apartado musical; dous referentes e xa veteráns en cadansúa disciplina artística. Uxía actuará acompañada de Sérgio Tannús.

No apartado poético completan o cartel: Lorena Conde, Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade por Galiza, Samuel F. Pimenta por Portugal, Itisha Giri que vén do Nepal e Zahra el Hasnaoui do Sáhara Occidental. E na achega musical estarán tamén Xoán Curiel, Caamaño & Ameixeiras e David Regueiro Quartet.

O Poemagosto conta con diferentes actos poéticos e musicais o sábado 2 en xornada de mañá e de tarde e o domingo 3 en xornada matinal. Será este día cando teña lugar ás 12:00 h. o II Recital de Poesía Novísima cos novos valores da lírica galega representados por: Ana Fraile Somoza, Antía Balvís Moreiras, Fabián Niño, Lois Gayoso, Lorena Fernández Iglesias, Lucas Gago Suárez, Mariña Maceiras, Noé González Alamino e Zaira Ferradás.

O programa completo e ao detalle está na web do Poemagosto.

Visita 6º Primaria aos Xardíns de Allariz. Foto: Prensa de Allariz
Visita 6º Primaria aos Xardíns de Allariz. Foto: Prensa de Allariz

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta