Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/10/2021 | Actualizada ás 16:01
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou este luns que a Xunta fará "as xestións oportunas" para remitir ao Ministerio de Transportes informes que alertan sobre "subas excesivas" dos prezos na AP-9.
Así o sinalou tras ser preguntada polos medios sobre o informe da Comisión Galega da Competencia que sinalou como "excesivas" as subas do prezo da autoestrada. Vázquez expuxo que este texto demostra que "a compensación é denunciable ante a Unión Europea".
Nesa liña, a conselleira tamén lembrou outro informe do Consello Consultivo de Galicia que falaba do "enriquecemento inxusto" que se produciu respecto deste tema.
Así mesmo, cuestionada pola proposta do Goberno para que os cidadáns paguen unha cota anual polo uso das autoestradas, a representante da Xunta tachou esta idea de "globo sonda".
Vázquez considerou que "non se coñecen" os detalles desta proposición, e por iso non quixo facer valoracións ao non haber "unha proposta sería".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.