Ana Pontón súmase ás críticas a Masterchef pola imitación do acento galego

O espazo de RTVE deixou un sketch ao seu paso pola Coruña que está causando queixas e rexeitamento nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2021 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

"Quiero que me vendáis estos percebes como si fuéseis el mejor percebeiro gallego". Así arrinca o punto do programa Masterchef que vén de causar polémica entre os afeccionados ao concurso en RRSS. A frase, pronunciada pola presentadora Eva González, foi continuada polos outros dous condutores do programa cun breve sketch no que imitaron o acento galego, unha brincadeira que non gustou a todos os que viron o programa.

Masterchef na Coruña
Masterchef na Coruña | Fonte: RTVE

O momento concreto do programa, que foi gravado na cidade da Coruña, pode ser consultado en contexto neste enlace, a partir do minuto 01:27:45. Entre as respostas ao programa, que ata o momento non se pronunciou sobre o rexeitamento ao sketch, a palabra que máis se repite é "burla". Moitos usuarios consideraron unha aldraxe a imitación dos presentadores do programa de prime time da canle pública estatal, entre eles a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 verdade galega

Nestas situações não aparecem os "comentaristas" do espanholismo. Hai ser que inda conservam algo de vergonha.

1 Maica

Aparecen os "galegos" que escriben en portugués nun xornal galego. Polo menos ises españois pintamonas non mudan de lingua...

1 Alienao

Típicamente español. Pero non vos debería de escandalizar, levan mofándose da Galiza dende hai séculos. Pero parece que estamos encantados, segundo se demostra eleccións tras eleccións e o desprezo que facemos da nosa língua.