Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/10/2021 | Actualizada ás 15:05
O polémico escritor francés Michel Houllebecq foi caricaturizado como un dos personaxes 'malvados' na nova entrega 'Astérix tras a pegada da billa', segundo confirmaron fontes da editorial Salvat.
O novo libro publicarase o 21 de outubro en 17 linguas e cunha tirada de 5 millóns de exemplares para todo o mundo, segundo informa Salvat, que recalca que en España se editará, como é xa habitual, en castelán, galego, catalán, eúscaro e asturiano.
Nesta historia, Houellebecq será Terrignotus, o xeógrafo de César e cabeza pensante desta expedición romana, presente nesta aventura por amor á ciencia. "Reclámannos caricaturas en cada álbum! Neste personaxe, estou seguro de que recoñeceredes a un gran escritor francés!", adiantaba Jean-Yves Ferri, un dos autores, sen desvelar o seu nome.
Ademais dalgunhas das viñetas, este luns desvelouse a portada de 'Astérix tras a pegada da billa', que relata o longo periplo que deciden emprender Astérix e Obélix, acompañados de Panorámix, tras a pista dun animal mítico nun remoto territorio.
Salvat anunciou que nesta nova edición non só contarán con caras xa coñecidas, senón que participarán novos personaxes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.