Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/10/2021 | Actualizada ás 13:26
O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado no Congreso, Antón Gómez-Reino, enxalzou á vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, como "unha referencia incontestable" a nivel estatal e mostrouse favorable á configuración dunha plataforma electoral que sirva para "ensanchar" o espazo político que na actualidade ocupa Unidas Podemos.
Así se expresou a preguntas dos medios durante unha rolda de prensa celebrada este venres na sede de Podemos na Coruña, onde resaltou o liderado que, ao seu xuízo, exerce a súa compañeira na coalición Galicia en Común. Un liderado que, para Gómez-Reino, a mandataria ferrolá "gañouse a base de traballo" e dun labor "excepcional" desde o Ministerio de Traballo que lle serviu para ser "recoñecida por diferentes partes da sociedade" máis aló dos votantes de Unidas Podemos.
Preguntado pola plataforma que quere impulsar a ministra de Traballo con distintas forzas de esquerda, Gómez-Reino sinalou que responde a unha "demanda da maioría da xente progresista". Para o secretario xeral de Podemos Galicia, é preciso "axuntar" todas as forzas progresistas, nun momento no que a dereita e a extrema dereita "están a tratar de recortar liberdades".
Por tanto, Gómez-Reino recoñeceu que a formación morada está a traballar para "facilitar" a proposta política de Yolanda Díaz, co obxectivo de "ensanchar" o espazo político de Unidas Podemos e así poder aspirar a "liderar" o Goberno do Estado nas próximas eleccións.
XUNTANZA
A vicepresidenta segunda, Yolanda Díaz, a ministra de Dereitos Sociais e líder de Podemos, Ione Belarra, e a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, participarán este luns na apertura dunhas xornadas dedicadas á lei de vivenda, que organizada por Unidas Podemos.
Desta forma, mostrarán así a posición común da confluencia sobre un dos seus principais logros desta lexislatura, o impulso dunha normativa que inclúe a regulación do aluguer e que condicionaba ao acordo co PSOE para os Orzamentos Xerais do Estado.
A cita terá lugar o luns e o martes no Congreso e versará sobre o "cambio de paradigma" que suporá a futura normativa sobre vivenda acordada co PSOE tras case un ano de negociación entre os socios de coalición.
A imaxe destAS tres destacadas dirixentes da mesa confederal de Unidas Podemos xuntas terá lugar tras o balbordo provocado polo acto que organiza Iniciativa, o partido da vicepresidenta valenciana e dirixente de Compromís Mónica Oltra, ao que se convidou a Díaz, Colau e a líder de máis Madrid, Mónica García.
Diferentes actores implicados ao mesmo desvinculan esta cita a proxectos de confluencia ou plataformas. Desta forma, si circunscriben o seu impacto a unha reflexión sobre ideas e experiencias políticas baixo liderados femininos.
Desta forma, perséguese un evento sen siglas e tampouco se falará nin de listas nin se abordará a situación de posibles alianzas entre partidos, pois as participantes que acudan exporán a súa visión persoal de determinadas políticas. "Simplemente imos sentarnos e escoitarnos, falar de ideas, esa é a cuestión. O que veña despois non o sei, pero o ánimo non é ese: é escoitar", resolveu Oltra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.