Conde axita a factura da luz para cargar contra o Goberno central

Pide "medidas concretas" ante a escala do prezo a pesar de que a orixe desta céntrase, segundo os economistas, na crecente escaseza de combustibles.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2021 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía, Emprego e Innovación, Francisco Conde, pediu ao Goberno central que "reaccione", "con medidas concretas", ante o incremento do prezo da luz, "que está a lastrar a competitividade das empresas e as economías familiares". O vicepresidente segundo da Xunta pronúnciase así a pesar de que diversos expertos e economistas vencellaron xa a escalada dos prezos da luz á crecente escaseza de materias primas ligadas ao mercado enerxético.

Na inauguración do Encontro Nacional de Deseño, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Conde lamentou o incremento do 44% no prezo da luz durante o último ano, así como a posibilidade de que Megasa reduza a súa produción, o que, sinala, "é unha evidencia da política enerxética do Goberno, que non dá as respostas que necesitan as familias e as empresas".

"Houbo unha improvisación clara desde o primeiro momento en materia de política enerxética. Optaron por pechar as centrais eólicas, e agora hai que reactivalas outra vez. Outros países foron máis prudentes", comentou o conselleiro.

Neste sentido, Conde pediu ao Executivo que "deixe de mirar para Europa e empezo e actuar en España, con respostas inmediatas". "Non nos podemos permitir que se reduza a produción e iso afecte o emprego. Pedimos medidas concretas que poidan permitir que as empresas fagan fronte a unha situación que lastra a competitividade das empresas e a economía familiar dos cidadáns con incrementos inasumibles", insistiu.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no Encontro de Deseño. ANA VARELA
O conselleiro de Economía, Francisco Conde, no Encontro de Deseño. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta