Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2021 | Actualizada ás 18:59
O cineasta galego Javi Camiño gañou o premio do público na sección 'Panorama fantástico' do festival de cinema de Sitges coa súa comedia negra 'Jacinto'. A longametraxe conta a historia de Jacinto, un adulto con sobrepeso, sobreprotexido e con mente de neno, que vive cos seus pais, os últimos habitantes dun illado pobo da serra galega. O mozo divírtese xogando co seu porco ou nos bosques de castiñeiros dos arredores. A acción comeza cando un par de mozas chegan para instalarse na casa abandonada dun parente falecido para gravar novas cancións para a súa banda de heavy metal.
Tal e como indica o propio festival, a sección 'Panorama Fantástico' está formada por títulos de todas as nacionalidades, inéditos en España producidos en 2020/2021 e de temática fantástica e de terror e con vocación independente. Concédese un premio á mellor longametraxe de ficción da sección por votación popular. O de Sitges é o terceiro galardón co que se alza 'Jacinto', tras os dous premios conseguidos en Foi no festival GenreBlast (Winchester, Virginia).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.