Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2021 | Actualizada ás 20:02
Galicia acolle diversos actos, da man da Xunta, para celebrar o 'Día das Escritoras', efeméride impulsada en 2016 por iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas.
O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia acolleu ás 19,00 horas a iniciativa 'Non se acouga con tanta multitude: unha aproximación á obra literaria de Xohana Torres', cunha conversación entre as autoras Montse Pena e Dolores Vilavedra sobre a traxectoria do poeta, dramaturga, narradora e ensaísta galega.
Así mesmo, á mesma hora, celebrouse un acto de homenaxe á escritora teatral Anisia Miranda na Fundación Xosé Neira Vilas de Vila de Cruces, cunha ofrenda floral no cemiterio parroquial de Gres e a lectura pública de fragmentos dunha das súas obras, 'Mitos e lendas da vella Grecia'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.