Deteñen a un mozo de 21 anos por un incendio na Pobra do Caramiñal que queimou 900 m2 de arboledo

O detido recoñeceu os feitos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica de Santiago detivo a un home de 21 anos de idade como presunto autor dun incendio intencionado que se rexistrou o pasado 9 de outubro na Pobra do Caramiñal e que calcinou 900 metros cadrados de superficie arboredo.

A través dun comunicado, a Xunta informa o esclarecemento deste lume que afectou á parroquia de Posmarcos e en cuxa investigación participaron a Policía Nacional de Ribeira, a Garda Civil de Boiro, axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e persoal do distrito forestal IV Barbanza.

O detido recoñeceu os feitos e mesmo achegou aos axentes o chisqueiro co que supostamente iniciou o incendio. Na ingestigación, destaca a Administración autonómica, foi "clave" a colaboración dunha testemuña que "viu fuxir de forma apresurada un vehículo" do lugar onde comezou o lume, tras o cal deu aviso ao teléfono de emerxencias.

Isto permitiu mobilizar aos equipos de extinción e evitar que as chamas se propagasen e a superficie afectada alcanzase maiores dimensións.

A investigación constatou que o lume foi intencionado, tal e como se recolle nas dilixencias dos feitos que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Ribeira.

No que vai de campaña contra incendios este ano, 32 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes forestais.

Policía Autonómica vixiando os lumes forestais
Policía Autonómica vixiando os lumes forestais

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta