As residencias galegas volven ser foco de mortalidade malia ter só 11 contaxios

Na última semana faleceron dous usuarios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2021 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

As residencias de maiores da Comunidade galega rexistran, a data deste mércores 20 de outubro, un total de 11 usuarios positivos por covid-19, fronte aos 23 de fai sete días. Na última semana faleceu unha persoa procedente dun dos centros no que xa había contaxios, aos que hai que sumar outra morte procedente da residencia Clece Vitam de Vigo, que rexistrou un brote nos últimos días no que cinco persoas se manteñen coa infección activa.

Na última semana, faleceron dous usuarios en senllas residencias nas que xa hai contaxios, mentres que se reducen en dez as persoas totais que aparecen coa infección activa --tras os negativos rexistrados (polo menos 16) e tras sumar o brote no centro de Vigo--. O parte remitido aos medios con datos de Política Social e o Sergas, que actualmente é de carácter semanal, recolle cinco usuarios do centro Sanitas Residencial da Coruña que son positivo por covid.

Nese centro, con datos facilitados o 13 de outubro, había 11 usuarios contaxiados, tras rexistrar o tres días anteriores tres falecementos. Na última semana, non se notificaron falecidos procedentes desta residencia.

Pola súa banda, na residencia Bribes de Cambre hai actualmente un usuario contaxiado por covid. A semana pasada, a Xunta notificara 11 residentes co virus positivo, dos cales un faleceu no últimos sete días (o 12, notificado o 13 deste mes, polo que non entrou no parte anterior).

BROTE EN CLECE VITAM VIGO

Finalmente, na residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo hai, actualmente, cinco residentes contaxiados de covid, un brote que a pasada semana aínda non se recollía no parte. O pasado luns 17 faleceu un usuario deste centro, segundo informou a Xunta, que fai sete días non informou de ningún caso neste centro.

Ademais, o mércores 13 permanecían activos cinco casos na residencia DomusVI de Monforte, o que xa eran catro menos que a semana anterior. No parte notificado este mércores 20 de outubro xa non se rexistran casos activos, pero polo menos catro persoas faleceron debido ao brote rexistrado en setembro.

Dúas traballadoras do centro conversan no exterior da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press
Dúas traballadoras do centro conversan no exterior da residencia das Gándaras, a maior de Lugo, despois de contabilizar un total de 49 positivos, a 17 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España).. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta