Preseleccionadas catro curtametraxes galegas para a 36ª edición dos Premios Goya

A entrega de premios será o 12 de febreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2021 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Catro curtametraxes galegas foron preseleccionados para ser finalistas da 36ª edición dos Premios Goya, que se entregarán o próximo 12 de febreiro.

Segundo comunicou a organización dos máximos galardóns do audiovisual español, entre as 35 cintas preseleccionadas para as tres categorías (curtametraxes de ficción, documental e animación) hai tres galegas.

Trátase de 'A comuñón da miña prima Andrea', de Brandán Cerviño e 'Augas abisais', de Xacio Baño; que compiten na categoría de documental; mentres que 'The Monkey', de Xosé Zapata e Lorenzo Degl'Innocenti, faino no apartado de animación.

Ademais, tamén foi preseleccionada 'Xoves de comadres', de Noemí Chantada, que optará a ser finalista na categoría de ficción.

Cinema. EUROPA PRESS - Arquivo
Cinema. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta