Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 15:00
A Rapa das Bestas, unha das festas máis típicas e impactantes da tradición galega, dá o salto á pantalla. Movistar+ vén de rodar unha serie orixinal titulada Rapa que, con seis episodios, achega unha das grandes citas do folclore galego aos espectadores en colaboración con Portocabo, produtora da exitosa 'Hierro'.
Creada por Pepe Coira e Fran Araújo, e dirixida por Jorge Coira, está protagonizada por Javier Cámara e Mónica López. A obra ambiéntanse en Cedeira, onde o primeiro domingo do mes de xuño ten lugar a rapa no Curro da Capelada. Ata este punto da serra, situada na provincia da Coruña, os “ besteiros” conducen os máis de 200 cabalos salvaxes que habitan neses montes, onde os esperan para rapar as súas crins nunha tradición que se celebra desde 1974 e que pasa de xeración en xeración. Para a rodaxe da serie ‘Rapa’ recreouse esta acción no mes de outubro, con cabalos que aínda non participaran no proceso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.