Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 15:30
A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé máis de 490.000 movementos na rede viaria do noroeste, na que se inclúe Galicia, durante a operación especial de Todos os Santos 2021, que comeza este venres. Segundo a información facilitada pola DXT, prevese que as estradas do noroeste rexistren un nove por cento dos 5.530.000 desprazamentos no conxunto da rede de España durante esta operación especial de tráfico, que supoñen uns 497.700.
A operación de tráfico de Todos os Santos 2021 comezará ás 15,00 horas deste venres, 29 de outubro, e prolongarase ata as 24 horas do luns 1 de novembro. A DXT apunta como vías afectadas con maior intensidade de tráfico nesta operación en Galicia a autoestrada AP-9, así como as autovías A-6, A-8, A-52 e A-55 e a estrada N-550.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.