Como abordar os retos dos cinemas periféricos na época do streaming

Un encontro da USC tratará os desafíos dos cinemas pequenos en espazos como as plataformas de vídeo baixo demanda, o circuíto de festivais ou os arquivos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/10/2021 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

"Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas" é o título baixo o que se presenta esta duodécima edición do congreso Small Cinemas, un Congreso Internacional que ten lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e que arrincou este mesmo xoves.

O Congreso Internacional Small Cinemas arrinca na USC
O Congreso Internacional Small Cinemas arrinca na USC | Fonte: USC

Organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e celebrada por primeira vez en Galicia, esta conferencia internacional reúne participantes de máis de 20 universidades e outras institucións para tratar "cuestións como o impacto do streaming nos pequenos cinemas, o papel do circuíto de festivais no seu posicionamento, a efectividade das políticas públicas para promovelos ou as posibilidades dos arquivos institucionais e comunitarios para conservar este cinema".

No acto inaugural do congreso participaron a vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional, María José López Couso, o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Ramón Pousa Estévez e a coordinadora do Grupo de Estudos Audiovisuais, Margarita Ledo Andión. A investigadora e cineasta avanzou que o evento permitirá afondar na “pervivencia e visibilidade destes cinemas, en como colocar as pequenas producións, moi frecuentemente con forte vocación artística e experimental, creadas con orzamentos limitados e con equipas pequenas, nun mapa cada vez máis competitivo”.

A conferencia inaugural do xoves atendeu ao traballo de Dinamarca na recuperación de filmes de mediados do século XX, e fíxoo da man de Claire Thomson, experta en cinema danés e catedrática do University College de Londres. Este venres 29 terá lugar a conferencia de Elena Neira, profesora da Universitat Oberta de Catalunya e "destacada especialista nos novos modelos de distribución audiovisual".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta