A forza das candidaturas abertas

Percorre a nosa sociedade a necesidade de acadarmos a transparencia do sistema de representación e máis a rexeneración das estruturas políticas, o que conleva precisamente a adopción das candidaturas abertas, a elección dos candidatos en primarias abertas á cidadanía e mesmo a adopción de mecanismos de control,como a posibilidade de que a cidadanía poida instar,na metade do mandato do cargo representativo correspondente, un referendo que confirme ou revogue ao cargo eleito para o resto do mandato.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 02/03/2014

Comparte esta noticia
Fronte esta onda de cambio àlzanse as xerarquìas burocráticas das organizaciòns do bipartidismo dinástico-e màis algunhas outras- que queren manter un “status quo”, no que un Xefe manda e unha pequena elite dirixen os Partidos. Partidos nos que se tenta recrutar xente pouco crìtica e pouco pensante, que non cuestione  as ideas e ocorrencias dos líderes nin a lòxica interna destas burocracias. En troques, os partidos, nomeadamente PP e PSOE, proven de postos de traballo ben retribuìdos a persoas que, malia o seu carácter de cargos gobernamentais, orgánicos ou  eleitos, non teñen capacidade real de modificar nin influir no discurso e programas do Partido.
 
Co sistema de candidaturas abertas e coa elección dos candidatos en elecciòns primarias abertas a afiliados,simpatizantes e simples cidadàns que manifesten a sùa adhesión ao proxecto do Partido correspondente, tronzarase  o mecanismo xeràrquico que lles impide  a moitos líderes cìvicos  fornecer as candidaturas. Nun sistema transparente e democrático de primarias o líder veciñal ou social, o profesional, o bò  xerente, o comunicador ou o intelectual poderàn concorrer con bò suceso fronte aos funcionarios de Partido favoritos de cadansùas direcciòns endogámicas. Abrìranse as fiestras e ventilarase o abafante ambiente político, onde se achegaràn persoas con opinión, traxectoria social e dedicación profesional de seu allea à política. Para alèn diso, os candidatos estarán moito màis pendentes de conectar coas bases e coa sociedade e deixaràn nunha terceira orde a compatibilidade cos burócratas ao mando.
 
Candidaturas abertas, primarias abertas à cidadanìa, referéndum revogatorio e moita màis proporcionalidade electoral sen umbrais mìnimos. Velaì unha boa proposta para acadarmos màis e mellor democracia
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.