Pais e profesionais organízanse para impulsar o ensino en galego

Tribo naceu como un grupo de whatsapp que pretende transmitir a linguaxe aos nenos "alén de ideoloxías, maneiras de ver a maternidade ou outras diferenzas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/03/2014 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Tribo é unha iniciativa que nace en Compostela e se estende ata Euskal Herria. O artigo que figura nesta nova vai asinado por Romina Bal, lingüista e redactora do desaparecido Galicia Hoxe e Txerra Rodríguez, sociolingüista vasco. Ademais de medios en galego tamén vai saír publicado en medios de EH.

É unha proposta froito da cooperación e dos encontros que todos os anos organiza a CTNL (Coordinadora de Traballadores en Lingua Galega) na localidade de Carballo.


Tribo: ferramenta normalizadora de loita cotiá

Fartas de ver como os nosos nenos e nenas son as únicas do parque que falan en galego, nunha sorte de marxinación que fai que se extinga o idioma, e cansos de que nos espazos públicos a nosa voz non se escoite, non conte, un grupo de pais e nais de Compostela decidiu organizarse para mudar as cousas, para facer resistencia á marxe das administracións, desde abaixo cara a arriba, para cambiar unha sociedade que permite que o maior dos seus tesouros non se herde, non floreza como debera.

A idea xurdiu en Carballo, nas Xornadas sobre Dinamización Lingüística que organiza todos os anos a CTNL. Partindo da idea do viveiro de propostas normalizadoras, uns pais e nais de Compostela acollieron a idea e levárona á práctica.

Á altura dos meses de xullo e de agosto de 2013 creouse en Compostela un grupo de whatsapp baixo o nome de Tribo, nunha iniciativa normalizadora que tiña como obxectivo reunir nun espazo común xente preocupada pola transmisión da lingua aos seus fillos e fillas. Alén de ideoloxías, maneiras de ver a maternidade e outras diferenzas, todos coincidimos na necesidade de que as nosas fillas e fillos fixeran equipa e brincasen en galego. Así que, vencidas as reticencias iniciais arredor da desconfianza de quedar con estraños no parque de Belvís, formamos un grupo de nenos cohesionado, de diferentes idades (0-13 anos) que se foi ampliando ata máis de trinta usuarios.

Non fai falta quedar todos os días, só cando se pode, á hora que precises sempre podes preguntar por onde andamos, os cativos  e cativas van mandando e os pais e nais comparten a experiencia de velos xogar. Co paso dos días e dos meses son moitas as actividades que desde a Tribo se foron realizando, acudimos a concertos, contacontos (todos os martes de final de mes imos onde Celso Sanmartín na Gentalha do Pichel), exposicións, mercados ecolóxicos, paseos polo monte, por distintos espazos da cidade, de tapas polos bares, concertos para miúdos,  museos, festas... Levamos mal os meses de choiva, pero ameazamos con ter unha primavera movida en canto pare de chover. Entre os nenos e as nenas conformouse un grupo sólido de amizade, de identidade, de prestixio e de reforzo da lingua.

Neste preciso momento cambiamos de canle, mudamos de sistema operativo, imos para o Galegram, fuxindo así de Mark Zuckerberg e apostando polo noso.

E por que non internacionalizar a iniciativa e levala a outras linguas, a outros espazos? Por que non encher outras cidades?

Segundo a sociolingüista navarra Paula Kasares, teñen máis importancia á hora de determinar pautas lingüísticas e á hora de adquirir coñecementos as interaccións coa xente da mesma idade ca os pais e as nais. Ela pon como exemplo os e as fillas de emigrantes que viven en Euskal Herria: as fillas dos galegos que viven alá falan castelán igual que a xente de alá, cos mesmos trazos dialectais que a xente de alá. É dicir, ten máis importancia a socialización que a transmisión.

Partindo desa hipótese, e tendo como referencia a experiencia de Compostela, uns pais e nais de Bilbo tamén crearon o seu grupo de whatsapp para ficar nas tardes e ir facer actividades xuntos: ir ao parque, saídas de fin de semana, actividades culturais …. E nestes momentos reúnense 19 nenas e nenos, algúns todos os dias e outros case todos. Non queren nestes momentos facer o grupo máis grande. Eles e elas cren que á mellor que os pais e nais se organicen e creen o seu grupo, no seu barrio.

Unha das nais que participa, Uxue, di as seguintes palabras: “O que máis valoramos é a cohesión que se creou entre nenos e nenas. Despois de seis meses, case son cuadrilla. Os pais e as nais tamén creamos a nosa pequena cuadrilla. Animamos os pais e nais de nenos euskaldúns nas zonas non moi vascófonas para que se xunten e creen grupos como este. É moi doado e dá moitos froitos”.

Pequenas propostas como esta, deixan ben claro que dar pasos cara á normalización lingüística está nas mans de todas e todos. Sen esperar a que fagan as demais.

Boneco de Android nunha imaxe a prol do Android en galego
Boneco de Android nunha imaxe a prol do Android en galego | Fonte: mallandonoandroid.com,

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

2 senseido

¡¡¡ N O R A B O A !!! Como me alegro de que haxa iniciativas coma esta!!

1 Santi

Ya estamos con chiringuitos para cobrar al costa del gallego. Que el gallego no se puede imponer, hombre. Que perra manía tienen algunos. Y ahora parece que nos quieren meter aquí los métodos vascos, pues estamos frescos

1 El PPresidente

¡Exacto, amigo! Con lo fácil que es trincar sobres de la Gürtel, de Vendex, de Dorribo o de mi hermanita la de Eulen... ¿Y para qué se quiere esa jerga de los paisanos que ponen nombres de mujeres a las vacas?

2 Cultura general

Digo yo! Y luego se quejan de que a nosotros nor subencionen los toros... pero... y quien viene siendo el gallego este, oh? Hay cada uno... y por que no le dá un poco de dinero al Deportivo, con la faltiña que le hace...

3 Un calquera.

Non, igual non lin ven a noticia, pero creo que esta é unha inciativa particular ( popular ) dun grupo de xente. Ninguén falou de solicitar subvencións. "Pensa o ladrón, que todos son da súa condición". Ben é certo, que a particularidade do ser human é buscar o desprestixio social daquelo que a el non lle gusta ou sexa do seu interes para buscar o apoio do resto e non sentirse so. Tamén é unha característica dos cobardes. E para buscares isto ataca con elementos que el considera que pode desprestixiar, neste caso cree que os cartos ou a consecución deles é un motivo de desprestixio. Neste caso, de momento, non é tal. Pero deberías tamén aludir entón á morea de cartos que SI se emprega en manter os institutos Cervantes por todo o mundo co fin de difundir o Castelán, e é bastante, bastante mais do que se vai adicar en todo o estado a difundir ningún outro idioma, e pagámolo todos...

4 Un calquera.

"Ya estamos con chiringuitos para cobrar a costa del castellado. Que el castellano no se puede imponer hombre ( ainda que así lle gusta a xente coma ti ).". A iso chámase "Ipocresía". A veces dame noxo ler os comentarios destes xornais porque elementos coma ti soltan a lingua a pacer sen moito criterio ou análise do que di. Ainda que claro, esa característica é un indicativo fundamental para entender a túa forma de pensar. Pero, por clemencia, hai que escoitar a todos...

5 Pedro Perez Dopico

Segundo dí a Constitución, na Galicia temos dous idiomas oficiais que deberán ser usados e promovidos en condicións IGUAIS en tódolos campos: na vida cotiá, no traballo, nas administracións, etc... Cousa que non se está a dar, polo atropelo brutal por parte do castelán. Os galego-falantes non impoñemos nada, só pedimos unha situación de igualdade que nos pertence ( así o recollen as leis ), e non se nos está a dar.

6 Pedro Perez Dopico

Non vou entrar a valorar se a iniciativa é boa ou mala ( os meus fillos xa están casados e non van ir ), nin tampouco o que andan a facer no Pais Vasco ( bastante teño coas carencias que hai aquí ). O que sí é unha realidade bastante preocupante é que o GALEGO estase a perder dia a dia, e non se esta a facer nada por recuperalo, aínda que na Costitución e no Estatuto diga o contrario. Este é o gravisimo problema.