A (I) lóxica antisistema

Case todos estamos dacordo que, na Europa actual, està a avanzar un capitalismo financeiro que tende liquidar todos os avances sociais obtidos despois de 1945 (no Estado despois do 1977) e que posibilitaron, co Welfare State e co Estado social e democrático de Dereito, a meirande liberdade e calidade de vida obtida na historia contemporànea universal. Tamèn compre recoñecer que moitos partidos socialdemócratas europeos non foron quen a parar esta onda, senòn que mesmo contribuiron à mesma, como os Blair e Zapatero de cadansùas derradeiras etapas.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 09/03/2014

Comparte esta noticia
Mais o  recoñecemento desta indubidàbel realidade non constitùe chata ningunha para arquivar definitivamente as políticas gradualistas de transformaciòn social, de progresividade fiscal, de inclusión e cohesión social, de reformas electorais cara unha meirande transparencia e proporcionalidade, de igualdade de xènero… para adoptarmos unha táctica maximalista de todo ou nada onde se desprezan os avances transformadores co pretexto de que o que compre è facer unha revolución na que todos podemos estar dacordo contra que è, pero da que ninguèn coñece o obxectivo. Mesmo adoito se teñen presentado estas actitudes baixo fasquìa pseudocientífica, segundo teses defensoras de que xa non son posìbeis os sistemas mixtos porque a lòxica do capitalismo levarìao à liquidación de calquera concesión à integración social.
 
A historia moderna apréndenos que sò as sociedades cohesionadas son quèn a avanzar. Se non hai inclusión social haberà barbarie e mesmo violencia. Unha persoa oposta à integración social dos minusválidos ou à garantìa social da suficiencia enerxètica ou alimentaria da cidadanìa non è conservadora, è fascista. E o fascismo tende à liquidaciòn do sistema democràtico.
 
A polìtica ten que xerar soluciòns concretas e de ampla base que enfronten os problemas económicos e sociais. E mentres algùns sò consideren avanzar a medio de procesos reolucionarios non serán posìbeis alianzas sociais amplas que lle dean pulo aos procesos de transformación que garantan a cohesión social. Porque sò se pode reverter o actual proceso dende formulaciòns que se dirixan a todos ou  case todos e non sò a unha parte.
 
Gobernar supòn decidir entre o malo e o menos malo todos os días. Non obrigar escoller entre eu e o caos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.