Realizan nunha nena autista en Pontevedra unha cirurxía pioneira en España para aumentar a capacidade auditiva

Otorrinas do CHUP aplicáronlle un implante osteointegrado activo piezoeléctrico bilateral, o primeiro que se fai en Galicia e o primeiro no Estado nun menor.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 16/11/2021 | Actualizada ás 17:01

Comparte esta noticia

Otorrinas do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) realizaron este martes nunha nena de sete anos con trastorno do espectro autista o primeiro implante osteointegrado activo piezoeléctrico bilateral que se fai en Galicia.

Equipo do CHUP que realizou a operación de implante bilateral
Equipo do CHUP que realizou a operación de implante bilateral | Fonte: Sergas.

As doutoras Nieves Rodríguez e Tamara González foron as encargadas desta cirurxía pioneira en España, país no que se realizaron implantes en adultos pero non en nenos, que levaron a cabo este dobre implante durante dúas horas na mañá deste martes. Para iso preparáronse "estudando e vendo vídeos" de operacións similares en Colombia.

A doutora Nieves Rodríguez explicou que é a primeira vez que se implanta en España este sistema a unha nena que, ademais, ten espectro autista, sistema polo que "aumenta a ganancia auditiva". Segundo detallou, a menor "non ten orellas nin conduto auditivo", polo que esperan que este sistema activo mellore a súa audición.

Esta otorrina destacou que a intervención cirúrxica do dobre implante foi "perfecta" e agora terán que esperar "mes e medio ou dous meses" para a activación do sistema, unha vez cicatrice.

Estaba previsto que menor que recibiu o dobre implante marchase na tarde deste martes á súa vivenda, segundo destacou a doutora Rodríguez, que explicou que este mércores lle revisarán o implante.

Esta nena, que naceu sen pavillón auditivo, "vai poder ouvir mellor" con este dobre implante osteointegrado activo, destacou a otorrina, que lle vai a implicar unha mellora, segundo valorou a doutora Neves Rodríguez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta