Galicia suma este ano 2.014 novos casos de cancro de pulmón, primeira causa de morte por cancro

Unha exposición itinerante mostra os 50 anos de investigación da Asociación Española Contra o Cancro en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/11/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O cancro de pulmón non é só un dos cancros con máis incidencia na poboación (só este ano detectáronse 2.014 novos casos no que vai de ano en Galicia), é tamén a primeira causa de morte por cancro no mundo e tamén en Galicia.

Cancro de pulmón.
Cancro de pulmón.

Por iso, e co gallo do Día Mundial contra o Cancro de Pulmón que se celebra cada 17 de novembro, a Asociación Española Contra o Cancro en Vigo volve coa súa Exposición Itinerante polos 50 anos da Asociación investigando en cancro. Poderase visitar ata o luns 22 de novembro, á beira da Pérgola de Praza América. 

A intención da exposición, apuntan dende a asociación, é visibilizar este tipo de cancro e os seus datos en Galicia e Pontevedra, polo que estará presente ata o venres nunha caseta cedida polo Centro Comercial Gran Vía de Vigo informando á poboación.  

A Asociación Española Contra o Cancro en Vigo indica que entre o 80-90% dos cancros de pulmón danse en fumadores ou en persoas que deixasen de fumar recentemente. "Deixar de fumar diminúe o risco de desenvolver cancro de pulmón", zanxan. Doutra banda, sinalan que existen outros factores de risco como o contacto co asbesto, petróleo e derivados, así como a contaminación, o sexo, a idade ou enfermidades benignas como o  EPOC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta