Por Galicia Confidencial | Ferrol | 16/03/2014 | Actualizada ás 09:00
En 2005, Alberto Núñez Feijóo, entón vicepresidente e conselleiro de Política Territorial, colocaba a primeira pedra do auditorio de Caranza, un recinto cultural que inagurou nova anos despois outro vicepresidente da Xunta, neste caso, Alfonso Rueda.
Foi unha inauguración extensa, con amplo desfile de autoridades, a excepción do presidente galego, de viaxe institucional en México. Con 7.000 metros cadrados, o novo auditorio da cidade naval está no barrio de Caranza, xunto ao conservatorio de música Xan Viaño e a escola naval 'Antonio de Escano' da Armada.
A obra custou o dobre do previsto inicialmente, 16 millós de euros. Rueda, durante a súa intervención desde o escenario principal, referiuse ao auditorio de Caranza como o "mellor exemplo do compromiso finalmente cumprido" do Goberno galego coa cidade.
O edificio ten forma de cubo 'impenetrable', como o describiron os técnicos, pero "no seu interior é espazoso, luminoso e con vistas á ría de Ferrol". Destacaron, ademais, as súas calidades acústicas como "unha das máis prestixiosas enxeñarías acústicas de España".
O Goberno local de Ferrol, que lidera o PP con maioría absoluta, elixiu este sábado como data oficial para a apertura do auditorio ao coincidir coa celebración de "As Pepitas'
Por outra banda, un pequeno grupo de preferentistas da plataforma das Rías Altas (PAPS), entre 7 e 10, concentráronse na porta do auditorio cunha pancarta en sinal de protesta contra os responsables do Goberno galego aos que esixen unha solución para o seu caso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.