O TSXG avala o despido do condutor de autobús que mandaba mensaxes "inapropiadas" a menores

Facía unha ruta escolar na Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) considera procedente o despedimento dun condutor de autobús dunha ruta escolar da Coruña por comunicarse "de maneira innecesaria e impropia", a través de 'whatsapps' "inapropiados", con nenas de entre 13 e 15 anos que utilizaban o servizo.

Neste fallo, con data de 15 de novembro, o alto tribunal galego revogou unha resolución previa do Xulgado do Social número 6 da Coruña, que ordenara á empresa readmitir ao demandante ou abonarlle unha indemnización de 32.000 euros polo despedimento. Os maxistrados da Sala do Social do TSXG entenden que a actuación da compañía é lexítima, axustada a dereito e proporcional porque a actitude do traballador, "inaceptable tanto xurídica como eticamente" coas menores, "denota transgresión da boa fe contractual".

De feito, a Sala apunta que, ao tratarse de menores de idade, débese ter en conta "o necesario coidado e atención, así como a especial protección" que merecen fronte a "inaceptables mostras de confianza por persoas alleas ao seu círculo máis íntimo, persoal e familiar".

A sentenza relata como o demandante, que traballaba desde 2006 para a empresa ata que foi despedido en 2020, comunicábase con varias das menores mediante 'Whatsapp' a pesar de que os condutores deste servizo de transporte "non teñen os teléfonos dos usuarios ou dos seus pais (nin a necesidade de procuralos)". Ademais, os maxistrados consideran que empregou "expresións absolutamente inapropiadas" e que chegou, mesmo, "a chamalas aos seus domicilios particulares".

Por iso, a Sala recalca que ese comportamento "constitúe un incumprimento grave e culpable dos deberes laborais e unha inaceptable transgresión da boa fe do actor", o que vulnera "a necesaria confianza ética e profesional que debe existir entre a empresa e os seus traballadores, que nesta ocasión alcanza especial relevancia á vista das persoas alleas á empresa involucradas".

Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo
Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo

PIDEN PRISIÓN POR ABUSOS EN OURENSE

A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense xulgará este xoves, día 25, ao acusado de abusar dunha menor que estaba ingresada no complexo hospitalario universitario da cidade. Por este caso de abuso sexual, que procede do Xulgado de Instrución número 2 de Ourense, a Fiscalía solicita tres anos de cárcere para o home.

Segundo relata o Ministerio Público, os feitos ocorreron en febreiro de 2019, cando o acusado, con antecedentes penais non computables nesta causa, atopábase nunha habitación do hospital ao coidado da súa sobriña menor de idade, que estaba ingresada. Na mesma habitación atopábase tamén ingresada outra nena, de 13 anos, á que acompañaba a súa nai, a quen lle pareceu sospeitosa a conduta do acusado con respecto á súa filla, xa que "realizou varios intentos para quedar a soas na habitación con ambas as menores".

Por iso, sobre as 3 da madrugada, cando a sobriña do investigado durmía, a nai fíxose a durmida e o acusado aproveitou o momento "coa intención de satisfacer os seus desexos sexuais". Fiscalía explica que se achegou á cama da menor e, "con pleno coñecemento da idade que tiña", comezou "a tocala por diversas partes do corpo, bicándoa nas costas e baixándose os pantalóns comezou a masturbarse".

Entón foi sorprendido pola nai, que abriu os ollos e acendeu a luz, ao escoitar respiracións profundas. O home saíu correndo da habitación e avisou ás dúas enfermeiras de planta. A consecuencia dos feitos a menor estivo sometida a terapia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta