Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2021 | Actualizada ás 17:16
A Consellería de Sanidade confirmou que unha vintena de persoas que asistiron como público ao último partido xogado polo Club Baloncesto Breogán no Pazo dos Deportes de Lugo deron positivo en covid-19. Fontes da área sanitaria de Lugo sinalan que hai unha vintena de contaxios detectados entre persoas que acudiron ao Pazo dos Deportes para presenciar o partido da liga Endesa entre Breogán e Gran Canaria disputado o pasado 6 de novembro.
Tras ese encontro, o equipo lucense vive un brote de casos de coronavirus, detectado despois do positivo da base canadense Trae Bell-Haynes. De feito, o partido entre o Breogán e o Joventut de Badalona previsto para este domingo foi aprazado ao 30 de decembro polo número de casos de covid-19 que hai no persoal do conxunto da Cidade dás Murallas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.