Lugo ten dous equipos nas máximas divisións do baloncesto masculino, o Breogán, e femininino, o Durán Maquinaria Ensino que adestra Juan Nécega. "Aquí hai moitísima xente que practica baloncesto, moitísima xente en categorías inferiores, moitísima xente que ven ás canchas ás dez ou once da noite a xogar a súa pachanga. E gústalles. E é xente de todo tipo, maior, de tódalas idades, de cincuenta, sesenta, corenta anos, e despois os máis novos... e iso é moi importante para unha cidade coma Lugo", apunta nesta entrevista.