A Coruña inicia obras para crear un parque de 27.000 metros cadrados

Estará situado nas aforas do Concelloe levará o nome de Bosque de Breogán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 19:15

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña iniciou os traballos para a creación do Bosque de Breogán, un novo espazo duns 27.000 metros cadrados situado entre a urbanización coa que comparte nome e o cemiterio de Feáns. Trátase dun parque urbano que forma parte dos plans de expansión de zonas verdes postos en marcha polo goberno local, segundo informa. Este espazo contará con zonas de pasear, prados e equipamentos deportivos, entre outros.

De feito, o bosque contará cun maior número de árbores, xa que se prevé repoboar a zona con especies como freixos, bidueiros, acivros, cerdeiras, carballos, e castiñeiros. Ademais, os carreiros sumarán un total de 912 metros de novos camiños con firme que será "adecuado para o lugar", tal e como explica o Concello herculino.

Para crear o Bosque de Breogán aproveitaranse as amplas zonas verdes que hai en Feáns. O Consistorio consigna a esta obra, que ten un prazo de execución de seis meses, a cantidade de 289.899 euros, o 80 por cento financiados polos fondos europeos Feder.

Proxidades da Urbanización Breogán, onde se situará o novo parque da Coruña
Proxidades da Urbanización Breogán, onde se situará o novo parque da Coruña | Fonte: proycoga

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta