O CSIC celebra a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía con actividades en Pontevedra, Santiago e Monforte

A delegación do CSIC en Galicia promove talleres, charlas e actividades para o público xeral desde o 23 ata o 26.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2021 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

A Delegación do CSIC en Galicia celebra a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía con actividades en Pontevedra, Santiago de Compostela e Monforte.

As actividades levaranas a cabo a Delegación do CSIC en Galicia, a Misión Biolóxica de Galicia (MBG), o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), a Unidade de Cultura Científica do CSIC (UCC) e o Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM).

Esta semana a MBG exporá no Liceo Casino de Pontevedra os finalistas do concurso escolar de debuxo 'Poden enfermar as plantas?'. Exporanse 260 debuxos de 19 centros educativos distintos ata o venres 26, día en que se entregarán os premios ás 19,30 horas.

Tamén no liceo, o 24 de novembro, ás 17,30, a Misión Biolóxica programará a mesa redonda 'Froitas e Verduras', xa que o 2021 é o Ano Internacional destes alimentos.

O 27 de novembro haberá talleres e charlas para o público xeral a partir das 11,30 no espazo Culturgal, que se celebra no Pazo da Cultura de Pontevedra. As actividades desenvolvidas pola UCC son: 'A linguaxe das plantas', 'Microorganismos: heroes ou malvados', 'O millo: do gran dous deuses ao pan do millo' e 'En que se parecen as lentellas e os cacahuetes?'.

Ese mesmo día estará a UCC no 'VIII Campaña de Recollida de dentes do Rato Pérez', tamén en Culturgal. Esta iniciativa busca recoller o máximo número de dentes de leite para ampliar a colección do Centro Nacional da Investigación sobre a Evolución Humana (Cniegh).

SANTIAGO DE COMPOSTELA

O 23 de novembro o persoal do centro impartirá o taller de heráldica para o alumnado no CEIP Plurilingüe Os Tilos en Teo. O 23 e 24 de novembro o IEGPS fará na súa sede unha actividade para o público xeral chamada 'No 800 aniversario do nacemento de Alfonso X, o Sabio'.

Mentres, o 26 de novembro ás 17,00 horas inaugurarase na Casa da Cultura de Monforte de Lemos a exposición 'Os nosos castelos da Ribeira Sacra: Monforte de Lemos'. No mesmo acto entregaranse os premios ao concurso de debuxo sobre o devandito castelo e farase unha disertación a cargo do coordinador do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara e Valdés.

O Instituto de Investigacións Mariñas, coa colaboración da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, farán un debate en liña o 26 de novembro baixo o título 'Sete décadas navegando pola investigación mariña en Galicia'. O evento, que será ás 12 do mediodía a través da canle de Youtube do centro, enmárcase na conmemoración do 70 aniversario do Instituto de Investigacións Pesqueiras do CSIC.

Imaxe de caballitos de mar.. CSIC - Arquivo
Imaxe de caballitos de mar.. CSIC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta