Novo plan de salvamento que censará as praias en función de afluencia e perigo

A adhesión a este plan ten carácter voluntario para os concellos que teñan augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2021 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o Plan de salvamento en praias de Galicia (Sapraga), que foi aprobado polo Executivo autonómico na súa reunión do 14 de outubro.

Este plan activarase cada ano desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro e ten como obxectivo principal garantir a cobertura das emerxencias que poidan xurdir nas zonas de baño da comunidade, establecendo os procedementos de comunicación e coordinación cos servizos de emerxencias de Galicia.

A adhesión a este plan ten carácter voluntario para os concellos que teñan augas de baño censadas no Servizo Galego de Saúde. Así mesmo, a principal novidade neste ano é a análise de riscos, xa que se clasifican as zonas censadas en función da afluencia e perigo, determinando os medios e recursos mínimos de protección e os contidos mínimos do Plan de prevención e Seguridade.

Este plan está dirixido polo director xeral de Emerxencias e Interior, coa misión de asegurar o bo funcionamento do plan, o seguimento e avaliación das actuacións, e de garantir a integración no Platerga e a ligazón cos plans de contaminación mariña e o de Salvamento Marítimo.

Socorristas na praia de Coroso, Ribeira
Socorristas na praia de Coroso, Ribeira | Fonte: certo xornal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta