Plan renove de toda a iluminación do Concello da Coruña

Ademais da renovación da iluminación, que, segundo a rexedora, achegará "maior calidade lumínica" e suporá a longo prazo "un maior aforro económico", o executivo local herculino tamén aprobou outros proxectos en materia social e de vivenda.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 24/11/2021 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña aprobou un investimento de 30 millóns de euros, dos que 12 corresponden a subvencións, para a renovación total da iluminación da cidade para facelo "máis ecolóxico, eficiente e económico" coa substitución de 21.000 puntos por luces LED. Así o anunciou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, durante a comparecencia de prensa celebrada este mércores tras a xunta de goberno local que deu luz verde á actuación.

Ademais da renovación da iluminación, que, segundo a rexedora, achegará "maior calidade lumínica" e suporá a longo prazo "un maior aforro económico", o executivo local herculino tamén aprobou outros proxectos en materia social e de vivenda.

Así, o proxecto de construción das vivendas de aluguer social en Marqués de Pontejos, que contempla un investimento de 830.000 euros, foi autorizada o goberno que encabeza Inés Rey, quen afirmou que a obra se podería efectuar "a curto prazo". En materia educativa, aprobouse a volta do programa de 'Bolsas USA', que serve para que alumnos de primeiro de bacharelato poidan estudar en Estados Unidos.

O número de bolsas mínimas do programa, ao que o concello coruñés achega 650.000 euros, que haberá nesta edición será de 62. Doutra banda, tamén aprobaron o proxecto de reurbanización da Avenida Fernández Latorre, un proxecto que segundo a rexedora espérase levar a cabo "a medio prazo", e que opta aos Fondos Next Generation, polo que "se poden acurtar os tempos", dixo Rey.

En materia de urbanismo, tamén foi aprobada a adxudicación das obras do parque de Xuxán, cunha contía de 11,3 millóns de euros e un tempo estimado de 18 meses. En Eirís deuse luz verde á promoción de vivenda privada, que achegará 111 pisos e suporá un investimento privado superior aos 9 millóns de euros.

BONOS PRESCO

A alcaldesa tamén lembrou que se aumentará a prórroga dos Bonos Presco ata o 31 de decembro que permitirá dar máis tempo aos cidadáns e establecementos de utilizar estas axudas. Ademais, Rey considerou que isto axudará a "aliviar" as compras de Nadal.

Por outra banda, a xunta de goberno aprobou o proxecto de ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles, que ten como obxectivo regular a conservación e rehabilitación dos edificios da cidade. Nesta materia de rehabilitación aprobáronse tamén axudas de 1,3 millóns de euros para as casas de Franco, as vivendas de María Pita e do ámbito da Cidade Vella.

Iluminación
Iluminación | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta