Morre un home de 75 anos nun accidente cun tractor en Baños de Molgas

O 112 desprazouse ao lugar dos feitos pero só puido certificar o falecemento da vítima.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Un home de 75 anos faleceu nun accidente de tractor ocorrido na mañá deste xoves no municipio de Baños de Molgas. Segundo informa o 061, ata o lugar desprazouse un helicóptero de urxencias sanitarias con base en Ourense, pero o home, JCB, faleceu no lugar. Tamén se desprazou unha ambulancia asistencial e persoal do centro de saúde do municipio tras unha alerta recibida ás 11,54 horas.

O 112 Galicia explica que o home quedou atrapado debaixo do tractor tras sufrir o accidente. O suceso tivo lugar en Ponte Ambía de Abaixo. O persoal sanitario tan só puido certificar o falecemento do home, que tivo que ser excarcerado polos medios de intervención. Foron avisados, entre outros, bombeiros de San Cibrao das Viñas, o GES de Maceda, Protección Civil de Baños de Molgas e Garda Civil.

Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo
Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta