Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 20:00
A poeta coruñesa Lucía Aldao (1982) lánzase á música en solitario con Pava, un EP gravado en Berlín que chega como "proxecto musical expansivo". E é que o traballo da poeta non conta con soporte físico habitual: en troques, a cambio ofrece unha escultura elaborada pola artista Laura Pazos. Trátase dunha edición limitada, con só 100 pezas, que, en palabras da artista, "conecta a peza artística co traballo musical".
A escultura amosa a parte final dun cigarro, feito que vén porque 'pava' é, á vez, forma coloquial de dirixirse a unha moza pero tamén á parte final do pitillo, esa que habitualmente se comparte. A escultura, elaborada en resina de poliuretano, policromada e vernizada, ten unhas medidas de 11 x 2,5 cm e érguese sobre unha base de madeira de 8 cm de diámetro. Obterana todos os que adquiran a través de Bandcamp este EP que chega para dar "novos aires" ao panorama musical de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.