Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2021 | Actualizada ás 14:22
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou que as residencias "foron, son e serán un fogar para os seus usuarios grazas á implicación dos seus profesionais".
García defendeu o valor destes centros este venres nunha visita á residencia de maiores de Foz, onde estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Alí, os traballadores realizaron unha exposición de máscaras personalizadas que utilizaron durante a pandemia para animar ás persoas usuarias do centro.
"Iniciativas como esta demostran que os traballadores das residencias mostraron o mellor de si mesmos para axudar a que as persoas maiores sentan protexidas e alegres durante os peores momentos da pandemia", asegurou a titular de Política Social.
Neste sentido sinalou que, grazas ao seu traballo, os malos momentos da pandemia "son agora só recordos". Fabiola García lembrou que as residencias de maiores son "hoxe os lugares máis seguros fronte á covid-19 porque os seus usuarios contan xa con tres dose".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.