Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 30/11/2021 | Actualizada ás 12:11
Os alumnos do CEIP Filomena Dato do municipio de Barbadás están convocados estes días a un cribado ante o incremento de casos covid rexistrados na zona e no propio centro, que este luns rexistraba 29 positivos entre os estudantes e outros sete entre o equipo docente. Así o confirmou en declaracións a Europa Press o rexedor municipal, Xosé Carlos Valcárcel, que chamou aos pais dos menores deste centro da Valenzá a participar no proceso, que será "en beneficio deles, da comunidade escolar e dos veciños".
Este cribado consistirá nunha proba covid de saliva, que os proxenitores deberán recoller nunha farmacia do municipio entre este martes e mércores. Para iso, deberán acudir e presentar o cartón sanitario. Tras efectuar a proba nos seus domicilios aos menores, os pais deberán depositala no mesmo establecemento entre os días 1 e 2 de decembro.
Valcárcel solicitou, ademais, "transparencia" á Xunta e especialmente á Consellería de Sanidade á hora de facilitar a información sobre os casos que afectan o municipio, co fin de poder axudar e atender aos veciños no caso de que sexa necesario. "Se queren que as cousas saian ben, por favor, faciliten a información", insistiu o rexedor municipal, que de novo apelou á coordinación entre administracións e á comunicación para atallar a incidencia da pandemia.
"Se queren que as cousas saian ben, por favor, faciliten a información", insistiu o rexedor municipal, que de novo apelou á coordinación entre administracións e á comunicación para atallar a incidencia da pandemia.
O propio alcalde difundiu este domingo unha comunicación aos veciños do municipio para advertir da situación "sumamente preocupante" en relación á Covid-19 e a "auténtica explosión de casos" que está a afectar á zona, "sobre todo ao colectivo de nenos e nenas en idade escolar e adultos non vacinados".
Neste sentido, advertiu de que o contexto "cambiou radicalmente" respecto de hai meses, cando as persoas máis afectadas eran as de idade máis avanzada. "A pandemia vive unha nova fase que temos que vencer e superar canto antes", sinalou, para pedir unha actitude "solidaria e cívica" dos veciños e chamar á responsabilidade individual.
CASOS EN OURENSE
Segundo os datos do último parte facilitado pola Consellería de Educación, a área sanitaria de Ourense é a que conta con máis casos de Covid en traballadores e alumnos de centros educativos de Galicia. En concreto, o día 24 de novembro rexistrábanse polo menos 177 casos activos, 103 máis que a semana anterior, e unhas 12 aulas pechadas. Nese mesmo balance recollíanse brotes como o do CPR Plurilingüe María Auxiliadora de Ourense, entón con 21 contagios e unha clase inoperativa, ou o CEIP Pai Feijoo de Allariz (Ourense), con preto de 21 casos e unha aula pechada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.