Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2021 | Actualizada ás 12:40
Os casos de Covid-19 en residencias de maiores de Galicia aumentan a 29, concentrados en nove centros, que supoñen 12 máis que o pasado xoves --cando a Xunta actualizou por última vez os datos de contaxios--, mentres que aumentan a 25 os usuarios infectados nunha residencia de atención á discapacidade de Ferrol.
Segundo os datos actualizados este mércores pola Consellería de Política Social, rexistráronse desde a semana pasada oito contagios na Residencia DomusVi Barbadás, tres nos Irmáns Prieto do Carballiño; dous na Residencia San Vitorio de Baralla; un nas Residencias As Dores de Lalín e outro no Apartamento Tutelado San Vitorio de Baralla.
Ademais, mantéñense nove usuarios contaxiados na Vivenda Comunitaria A Túa Outra Casa de Sarreaus; tres na Residencia Virxe Guadalupe de Mos e un na San José de Arzúa, mentres que queda un na Nosa Señora das Dores de Forcarei, que a semana pasada tiña tres contaxiados.
RESIDENCIAS DE DISCAPACIDADE
En canto ás residencias de discapacidade da Comunidade galega, aumentan de 17 a 25 os casos de Covid-19 en usuarios dun centro situado na cidade de Ferrol. En concreto, a Residencia Coral Seoane de Ferrol que do mércores ao xoves da semana pasada pasou de dúas a 17 contaxios, rexistra, segundo os datos actualizados pola Xunta, 25 usuarios infectados, que supoñen oito máis.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.