Aumentan a constitución de sociedades mercantís en Galicia

Case todas as empresas constituídas no mes de novembro adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada.

Por E.P. | A CORUÑA | 03/12/2021 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

As sociedades mercantís constituídas en novembro en Galicia situáronse en 286, 21 máis que no mes anterior e 15 máis en relación ao mesmo período do ano pasado, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 10,22 millóns de euros. Con respecto ao mesmo mes do ano pasado, en novembro ampliaron capital dúas sociedades menos que as rexistradas hai doce meses.

Como en meses precedentes, as provincias da Coruña e Pontevedra rexistraron o maior número de constitucións, co 42,66% das sociedades mercantís creadas no primeiro caso e o 41,26 % no segundo. O 8,74% das novas empresas constituídas fixou a súa sede na provincia de Lugo e o outro 7,34% restante na de Ourense.

Case todas as empresas constituídas en novembro adoptaron a forma de sociedades de responsabilidade limitada. O capital medio subscrito por elas foi de 42.429,12 euros por empresa.

Por outra banda, o 20,98 % das empresas creadas pertencen á rama do comercio. As seguintes actividades en importancia son a construción (co 16,08 % das constitucións rexistradas en novembro),; as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (co 14,34 %), as profesionais (co 11,89 %) e as do resto de servizos (10,49%).

SOCIEDADES DISOLTAS

Por outra banda, en novembro disolvéronse 121 sociedades mercantís en Galicia, catro máis que no mes anterior. Con respecto ao ocorrido hai un ano, o número de disolucións diminuíu en seis. Mentres, 18 reduciron o seu capital social. Este mes rexistráronse oito procedementos de fusión de sociedades e catro de escisión.

Ademais, o pasado mes pechou con 25 sociedades afectadas por concurso de acredores. Con respecto ao ocorrido hai un ano, hai dúas sociedades menos afectadas por esta situación de concurso de acredores.

Evolución de sociedades mercantís en Galicia en maio. EPDATA
Evolución de sociedades mercantís en Galicia en maio. EPDATA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta