"Aldeas vivas e non destruídas", Galicia sae á rúa contra a invasión eólica

Convocadas numerosas protestas contra a implantación de mega parques eólicos en paraxes naturais de gran valor ecolóxico e patrimonial.

Por Galicia Confidencial | Santa Comba | 06/12/2021 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Varias plataformas en defensa do territorio sairon ou sairán á rúa nos vindeiros días para esixir a paralización inmediata de todos os proxectos eólicos en trámite, no marco dunha xornada de mobilización en toda Galicia.

Parque eólico de Greenalia en Vimianzo
Parque eólico de Greenalia en Vimianzo | Fonte: Greenalia.

Este domingo foron plataformas, veciñas e veciños do rural os que se manifestaron no concello de Santa Comba para expresar a súa preocupación ante a choiva de eólicos que asoballa Galicia. A numerosa manifestación, que se iniciou diante da casa do Concello de Santa Comba, percorreu as rúas do municipio berrando ao unísono: "Aldeas vivas e non destruídas", "As brañas son vida, non as leves á ruína. Botarlles formigón é unha aberración" , "Por culpa do capital bótannos do rural".

A veciñanza de Freixeiro e a Plataforma Non Máis Eólicos Bustelo - Campelo - Monte Toural poñían de manifesto que na súa zona xa hai en funcionamento o parque eólico do Monte Castelo con 25 aeroxeradores, o parque eólico Fontesilva con 12 aeroxeradores, en proxecto o Cerqueiral con 6 aeroxeradores.

OUTRAS PROTESTAS

Por outra banda, as plataformas Salvemos O Támega-Adega Monterrei, Salvemos as Montañas de Trevinca, Stop Eólicos Xurés-Celanova e Stop Parques Eólicos en Chandrexa de Queixa, co apoio de colectivos ecoloxistas Amigas das Árbores, Amigos da Terra, Amigos das Cegoñas, Ecoloxistas en Acción, Movemento Ecoloxista da Lima, e do Sindicato Labrego Galego e o CSA Cambalhota de Allariz convocan á veciñanza de Ourense á mobilizarse contra a invasión eólica destas comarcas este sábado, 11 de novembro, en Laza (praza da Picota, 16:00 horas).

A mobilización fai parte dunha xornada de protesta en toda Galicia, onde están convocadas
outras 21 concentracións
ou marchas en defensa do territorio baixo o lema “Na defensa das
montañas” impulsadas pola Coordinadora Eólicas Así Non, que reúne a 170 entidades e
asociacións de activistas de todo o país.

Protesta contra a instalación de parques eólicos en Santa Comba
Protesta contra a instalación de parques eólicos en Santa Comba | Fonte: remitida

Nestas concentracións darese lectura a un manifesto que resume as demandas do movemento galego contra a invasión eólica e no que se pide a paralización inmediata de todos os proxectos en tramitación (tanto a nivel estatal como autonómico) que afectan estas comarcas de Monterrei, A Limia, Baixa Limia, Terras de Celanova, Ourense, Allariz-Maceda, Terras de Caldelas e Terras de Trives, así como outros proxectos de centrais eólicas ou liñas de alta tensión que afectan parcialmente a comarcas lindeiras con Lugo e Pontevedra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Gamela

Con tanta Plataforma non comprendo como ninguén establece unha relación causa - efecto entre a demografía minguante e a morte das aldeas ? Semella que ninguén está pola labor da mestizaxe cultural para saír cara adiante neste século XXI onde a barbarie leva establecida máis de 20 anos con total naturalidade: ata o Papa Francisco leva anos facendo campaña pero nin siquera os católicos se dán por enterados ! Galicia podería acoller un millón de persoas sen problema algún (teríamos aldeas VIVAS e Futuro por diante!) http://gamela00.blogspot.com/2020/1...

2 Santa Caralla

Con tantos aeroxeneradores, ogallá botemos a voar polo atlántico adiante. Polo menos perderíamos de vista a Hespanha.

1 Riuriu

Si quieres suicidarte lo tienes bien sencillo, pero no salpiques a los demás.

1 Moine

Seria bom saber a quem votárom. Estou seguro que muitos d’eles ao PP. Pois tenhem o votado. A chorar no cemitério, que é onde se chora; polo demais é-se responsável.

1 Sentidiño

Española é a persoa que pasa toda a vida a intentar aprender inglés. Galega é a persoa que sempre vota Pp, mais pasa toda a vida a montar plataformas contra o Pp. Viva o surrealismo!