Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2021 | Actualizada ás 19:17
A Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a empresa Viaqua seguirán colaborando no seguimento da incidencia da covid na capital galega a través da detección do virus Sars-CoV-2 nas augas residuais.
O Executivo galego autorizou a primeira adenda ao convenio entre a Administración autonomía, a través da Consellería de Sanidade, a empresa pública Augas de Galicia, a USC e Viaqua, para a realización conxunta do proxecto de I+D+i de seguimento da incidencia da covid en Santiago a través da súa incidencia en augas residuais.
A Xunta destacou que se trata dun convenio colaborativo no que o catro partes seguirán achegando medios económicos ou de persoal para conseguir un coñecemento que se pon ao servizo da cidadanía.
O equipo de traballo considera que a vixilancia nas augas residuais é de utilidade como sistema de alerta temperá ante posibles brotes ou aumento da incidencia acumulada.
O convenio inicial termina o 31 de decembro deste ano, polo que se prorroga a súa vixencia, por un prazo de catro meses, ata o 30 de abril de 2022. Para tal efecto, o Executivo galego destina un total de 11.616 euros repartidos a partes iguais entre a Consellería de Sanidade e Augas de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.