A Xunta modificará 3 artigos da lei de residuos para evitar un contencioso co Goberno central

Ambas as administracións acordan que, en caso de contaminación de augas subterráneas, manterán colaboración "o máis rápido posible".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2021 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

A Xunta comprométese a modificar tres artigos da lei galega de residuos e chans contaminados aprobada este ano para dar por resolto o conflito co Goberno central, co que se abriu un proceso de negociación para evitar un posible recurso de inconstitucionalidade.

Precisamente, para resolver estas discrepancias, ambas as administracións mantiveron encontros na comisión bilateral de cooperación. Así, este luns, tanto o Diario Oficial de Galicia (DOG) como o Boletín Oficial do Estado (BOE) publicaron o acordo alcanzado, asinado pola ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.

De acordo co texto, o Executivo autonómico "promoverá" as correspondentes modificacións da lei galega de residuos e chans contaminados nos artigos 3.1.c), 3.2.f) e 5.1.f). Con respecto ao primeiro, substitúe o termo "residuos domésticos" por "residuos municipais" para establecer a súa eliminación do 10 por cento en peso en vertedoiro para o ano 2035, tal e como establece unha directiva europea.

Así mesmo, en relación co artigo 3.2.f) da lei autonómica, engádese agora que os concellos deberán instaurar, antes do 31 de decembro de 2023, ou ben a recollida separada dos biorresiduos nos servizos municipais que presten --tal e como establecía o texto inicialmente--, ou ben "a separación e reciclaxe en orixe".

A Xunta comprométese a levar a cabo esta modificación unha vez se aprobe e publique a futura lei estatal de residuos e chans contaminados, que se atopa actualmente en tramitación parlamentaria.

O Goberno galego tamén cambiará a redacción do artigo 5.1.f) para suprimir un inciso final que incluía como unha excepción á aplicación da lei aqueles residuos fecais de produtos gandeiros, posto que o Executivo central interpretaba que a redacción da normativa chocaba co marco estatal.

Ambas as administracións tamén mantiñan discrepancias ao redor da redacción do artigo 55 ao 60, pero acordaron que, en caso de contaminación de augas subterráneas ou de indicios de aparición de chans contaminados, manterán "o máis rápido posible as oportunas relacións de colaboración" para compartir información e recursos "no ámbito das súas respectivas competencias".

A 21 campaña de Vaipolorío culmina coa retirada de 655 quilos de residuos do río Gafos en Pontevedra
A 21 campaña de Vaipolorío culmina coa retirada de 655 quilos de residuos do río Gafos en Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta