Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2021 | Actualizada ás 21:54
O sector do mexillón censura que "ningún tipo de acordo é posible" no conflito aberto cos 'percebeiros' ante a "cerrazón" da Xunta. Tras o encontro convocado este mércores pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, o sector 'bateeiro' tachou de "auténtico fracaso" esta reunión, xa que "o resultado final superou as peores expectativas".
Nun comunicado, as principais entidades do sector mexilloeiro reproban que "a inexplicable cerrazón da Consellería do Mar está a levar a unha situación límite". "É incompresible citar aos representantes do mexillón galego a unha reunión de man tendida para logo comunicarlles que das últimas disposicións non se pensa mover nin un pouco", critican.
Así, os 'bateeiros' lamentan que a Consellería "secuestrou a cría de mexillón" e "está a pór en perigo a próxima campaña". Remarca que pedía "anular ou suspender unha medida arbitraria e inxusta", en referencia á orde que establece as zonas de extracción para os percebeiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.