Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2025 | Actualizada ás 09:53
O secretario xeral de UGT Ourense, Cristóbal Medeiros, foi elixido como novo líder de UGT Galicia en substitución de José Antonio Gómez, que non se presentou á reelección tras 20 anos no cargo. Segundo explican a Europa Press fontes de UGT no 14º Congreso Nacional, Medeiros foi elixido nun reconto que terminou na medianoite entre este mércores e xoves, de modo que se impuxo na votación ao outro candidato, o secretario xeral de UGT A Coruña, Ángel Iglesias.
Medeiros, traballador antincendios de Tragsa e responsable comarcal de UGT en Ourense, Valdeorras e Verín, será proclamado de forma oficial como novo secretario xeral do sindicato durante a xornada deste xoves, 27 de febreiro. O ata agora secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, deixou o liderado do sindicato despois de 20 anos nun discurso de despedida no que fixo un chamamento a actuar de inmediato ante o "auxe da ultradereita".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.