O aforro medio en Galicia chega aos 18.534 euros por cada persoa en 2023, un 8% máis

O gasto en consumo dos fogares creceu en 2022 un 12,2%, o que se traduce nunha diminución do aforro do sector fogares en Galicia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2025 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

A renda dispoñible bruta por habitante en Galicia sitúase en 18.534 euros en 2023, un 8% máis que en 2022, segundo os datos de avance publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres.

A renda dispoñible bruta mide a renda que os fogares teñen dispoñible para destinar ao gasto en consumo final ou ben ao aforro.

Este incremento é superior ao rexistrado na economía galega en 2023 e supón a maior cifra bruta no rexistro histórico. O dato global dos fogares galegos ascendeu a 50.028 millóns, uns 3.800 millóns máis que o ano anterior.

O sector fogares achega o 22,4% do Produto Interior Bruto (PIB) galego en 2022, o que supón un descenso respecto ao 22,6% que supuña en 2021.

No ano 2022, o saldo das rendas primarias do sector fogares presenta un incremento do 8,9% con respecto ao ano anterior. A principal compoñente deste saldo, a remuneración dos asalariados, creceu nun 7,9%, mentres que a renda mixta bruta tivo un incremento máis importante (11,4%).

A remuneración de asalariados representa o 47,5% dos recursos dos fogares galegos, tres décimas máis que o ano anterior. As prestacións sociais supoñen o 21,8%, un punto menos que o ano anterior. O excedente de explotación/renda mixta achega o 20,4% dos recursos. As rendas de propiedade son o 10,2% dos recursos.

O gasto en consumo dos fogares creceu en 2022 un 12,2%, o que se traduce nunha diminución do aforro do sector fogares en Galicia.

O proxecto inclúe visitas didácticas aos supermercados. GADIS
O proxecto inclúe visitas didácticas aos supermercados. GADIS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta